A
Banda de Música de Burela ofrecerá un concerto o próximo sábado, día 5, ás
20:30 horas no auditorio municipal, con motivo da celebración das Letras
Galegas, que este ano se dedican a Valentín Paz Andrade. O repertorio escollido
para este concerto está integrado por algunhas das composicións galegas para
banda máis populares, entre as que se encontran clásicos como o pasodobre
galego Lugo-Ferrol ou o pasodobre-xota Martiñika, rapsodias sobre
motivos galegos como Airiños Aires ou A noite do Santo Cristo, así
como unha selección da zarzuela galega Non chores, Sabeliña! Tamén
interpretaremos a Balada Galega
(Negra Sombra) de Montes e o pasodobre Burela, composición de Israel
Arranz, que foi estreado o pasado ano pola Banda de Burela.
Abaixo
podedes ver e descarregar o programa de man completo en formato de fácil
leitura.
Agardamos
contar coa vosa presenza!