Despois de 26 anos de vida, a Banda de Música de Burela despídese dos veciños e veciñas e de todas as amizades que foi facendo ao longo destes anos de actividade. Sen dúbida, unha triste nova para Burela e para a música.
Moito ao noso pesar, desde a AABB pouco ou nada puidemos facer para remedialo. Pola nosa parte fixemos todo o que estaba nas nosas mans durante moito tempo, mais despois de varios anos de prolongada agonía, chegou o momento de despedirnos deste fermoso proxecto que nos deu tantas alegrías e satisfaccións.
Temos que dar as grazas a cada un e cada unha das integrantes que lle deron vida á Banda de Burela e a todas as persoas que dun xeito ou doutro apoiaron a nosa banda. Grazas de corazón!