O pasado domingo, 29 de Agosto, fixemos un pasarrúas (bastante longo, por certo) e unha procesión en Xove, con motivo das festas patronais do San Bartolo que se celebran nesta vila.
Aínda que os pasarrúas son bastante cansados para @s músicos, foi unha experiencia moi bonita, pois para moit@s era a primeira vez que tocaban coa Banda.
Polo que a min respecta, estou moi contento co traballo que fixestes durante os ensaios intensivos dos quince días previos á actuación. O certo é que foi un bo comezo, agora tentaremos montar un repertorio máis atractivo para poder dar un concerto no Nadal. Temos que traballar duro, aínda que estou seguro de que así será. Estamos á espera da incorporación inmediata de nov@s comapañeir@s!
Plantilla:
Frautas:
Iria Otero
Silvia Rozas
Clarinetes:
Jose Carlos Lorenzo
Sara Fra
Javier Oya
Elena Paleo
Ana Gay
Saxos altos:
Samuel Rojo
Gabril Bermúdez
Saxos tenores:
Denís Núñez
Lucía Bouza
Trompa:
Álvaro Crego
Trompetas:
Jesús García
José Antonio Chao
Trombón:
Bruno Valle
Bombo e pratos:
Raúl Medina
Dani Arranz
Caixa:
Israel Arranz
Sem comentários:
Enviar um comentário