A Banda de Burela actuou no acto que tivo lugar este venres no Auditorio
Municipal con motivo do 50 Aniversario do CEIP Virxe do Carme, popularmente coñecido como Os Castros. Profesores e
profesoras representaron unha obra teatral ambientada nun colexio dos anos 70,
na que tamén participou o propio director do centro e que foi moi aplaudida
polo público asistente.
O acto tamén contou cun apartado musical a cargo da
agrupación de música clásica Arranz Trío
e do cuarteto de jazz Marosa Jazz Project.
A Banda de Burela foi a encargada de pór o broche final coa interpretación de
pezas do seu repertorio e do Hino ao CEIP
Virxe do Carme, composto polo mestre de música do colexio, Jesús Arranz. Aínda que a
peza xa fora estreada en 2009 no propio centro para celebrar o día das Letras
Galegas, nesta ocasión, con motivo da conmemoración dos 50 anos do nacemento do
centro, o Hino interpretouse nunha versión para coro e banda de música, na que
os alumnos e alumnas foron os encargados de pór voz ao texto de
Arranz, acompañados pola Banda de Música de Burela.
Coa interpretación desta peza púxese punto e final a un acto moi emotivo
con grande asistencia de público e no que estiveron presentes profesores e
profesoras, alumnos e alumnas, pais e nais de alumnos, antigos mestres e
mestras... e ao que a Banda de Burela non podía faltar.
Hino ao CEIP Virxe do
Carme
Letra e
música de Jesús Arranz
No medio dos
Castros naceu unha “escuela”
que, andando
no tempo a colexio chegou
deu pulo e
alento a toda Burela
desde as
súas aulas, cultura espallou
O VIRXE DO
CARME É NOSO COLEXIO
O FARO QUE
ALUMA NO MEDIO DO MAR
OFRECE UN
ENSINO BO E DE CALIDADE
GLOBAL,
SOLIDARIO, ABERTO E PLURAL
Burela
medraba e o “cole” crecía
e máis
edificios houbo que crear
xornais,
profes, libros a Burela enchían
de sabiduría
e ritmo vital
ADIANTE,
ADIANTE CEIP VIRXE DO CARME
OLLANDO AO
FUTURO IMOS TRABALLAR
NAS
CIENCIAS, NAS LETRAS, EN TODAS AS ARTES
PARA QUE
BURELA SIGA A PROGRESAR
A Comunidade
do noso colexio
valores
humanos pretende acadar
libre e
tolerante quere dar resposta
aos retos
dun mundo cambiante e plural
Repíntense
os retrousos:
O VIRXE DO
CARME...
ADIANTE,
ADIANTE...
Sem comentários:
Enviar um comentário