III Campamento Musical “Ao Son da
Banda”. Mondoñedo, do 4 ao 8 de agosto.
O pasado luns deu comezo en Mondoñedo o III Campus Musical “Ao Son da
Banda”, organizado pola AABB (Asociación de Amigas e Amigas da Banda de
Burela).
Uns 40 nenos e nenas desde os 10 aos 20 anos de idade, asistirán durante
os cinco días de duración deste campus a clases de instrumento, música de cámara
e banda, da man de profesores das distintas especialidades instrumentais:
Manuel Montero (clarinete), Roberto Bouça (saxofón), Abel Riveira (trompeta),
David Trastoy (bombardino), Isabel Diego Calviño (percusión) e Sara Maganizi
(dirección musical).
O campus desenvólvese no Seminario de Mondoñedo, con saídas e visitas
organizadas pola vila e o seu entorno próximo (piscina, río, zona vella...),
reservando unha parte do día para o lecer, con distintas actividades lúdicas
coordinas pola monitora de tempo libre Laura Seijas.
A AABB organiza por terceiro ano este campus de formación e lecer como unha
forma de contribuír a dinamizar a Banda de Burela e ofrecer unha alternartiva
de lecer a todas as persoas que integran a agrupación e estudantes de música en
xeral, favorecendo que o contacto con outro profesorado e con novos compañeiros
e compañeiras.
O venres terá lugar un concerto de clausura coa estrea mundial dunha obra italiana para banda,
baixo a dirección da mestra Sara Maganzini.
O
Campus “Ao Son da Banda” rematará este venres, 8 de agosto, cun concerto de
clausura, que terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, ás 20:30 horas. A
Banda de Música, baixo a dirección da italiana Sara Maganzini, interpretará
repertorio orixinal para banda de distintos compositores itialianos de
actualidade (Daniele Carnevali,
Ennio Salvere, Michele Netti, Michele Mangani…), adaptacións para banda de obras do
repertorio operístico (Nessum Dorma
de G. Puccini) e a estrea mundial da obra Music
is Fun de Antonio Rossi.
Sem comentários:
Enviar um comentário