domingo, 31 de agosto de 2008

Xove, 29 de agosto




O pasado domingo, 29 de Agosto, fixemos un pasarrúas (bastante longo, por certo) e unha procesión en Xove, con motivo das festas patronais do San Bartolo que se celebran nesta vila.

Aínda que os pasarrúas son bastante cansados para @s músicos, foi unha experiencia moi bonita, pois para moit@s era a primeira vez que tocaban coa Banda.

Polo que a min respecta, estou moi contento co traballo que fixestes durante os ensaios intensivos dos quince días previos á actuación. O certo é que foi un bo comezo, agora tentaremos montar un repertorio máis atractivo para poder dar un concerto no Nadal. Temos que traballar duro, aínda que estou seguro de que así será. Estamos á espera da incorporación inmediata de nov@s comapañeir@s!

Plantilla:

Frautas:
Iria Otero
Silvia Rozas

Clarinetes:
Jose Carlos Lorenzo
Sara Fra
Javier Oya
Elena Paleo
Ana Gay

Saxos altos:
Samuel Rojo
Gabril Bermúdez

Saxos tenores:
Denís Núñez
Lucía Bouza

Trompa:
Álvaro Crego

Trompetas:
Jesús García
José Antonio Chao

Trombón:
Bruno Valle

Bombo e pratos:
Raúl Medina
Dani Arranz

Caixa:
Israel Arranz


Guitiriz. Certame de Bandas 2008




O pasado 16 de xullo asistimos en Guitiriz a un Certame de Bandas, convidados pola banda anfitriona. Queremos dar as grazas ao seu director, Abel Riveira, así como a tod@s @s músicos e á alcaldesa de Guitiriz, polo trato recibido.


Esperamos poder compartir palco con esta Banda noutras ocasións.


Plantilla:

Flautas:
Marcos (convidado)
Silvia Rozas


Clarinetes:
Olivia (convidada)
Sara Fra
Jose Carlos Lorenzo

Saxos altos:
Vicente Timiraos
Samuel Rojo

Saxos Tenores:
Denís Núñez
Lucía Bouza

Fagot:
Andrés Quiroga

Trompeta:
Jesús García

Trombón:
Mateo (convidado)

Bombardinos:
Alberto Amat
Luís Iglesias

Percusión:
Daniel Arranz
Isral Arranz