sexta-feira, 23 de janeiro de 2009

Reunión Asociación "Amig@s da Banda"

Convócase á Xunta Directiva provisional da Asociación "Amig@s da Banda de Burela", a unha reunión que terá lugar o próximo sábado, 24 de xaneiro, na Escola de Música, ás 16:00 horas, coa elaboración duns estatutos para a asociación como único punto a tratar na orde de traballos.

Disponibilizamos un borrador de estatutos, elaborado na anterior reunión, para que poda ser enmendado polo equipo directivo. Descarga aquí.

quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

Concerto de Ano Novo 2009



Como avanzamos en entradas anteriores deste blogue, o pasado sábado, 3 de xaneiro, a Banda de Música deu o seu habitual Concerto de Ano Novo, no que contamos coa presenza de moit@s burelás e burelaos, cun grande número de amigas e amigos e como non, d@s noss@s familiares, que sempre nos apoian nas nosas actuacións.


Desde a Banda de Música Municipal de Burela, queremos agradecer o apoio que nos mostrou todo o público presente e como non, desexarlles un feliz ano 2009 a tod@s!

Temos que agradecer o traballo fotográfico do noso amigo Carlos Andrade, que sempre ten boa disposición para estar aí onde sexa preciso, coa súa cámara preparada para tirar fotos. Graciñas, Carlos! (As fotos, como non podía ser de outra meneira, son do Carlos)

Esperamos estar axiña compartindo a nosa música con tod@s vós. Até pronto!