sábado, 30 de maio de 2009

Concerto das Festas '09



Este sábado, 30 de maio, ás 12:30 horas, terá lugar na Praza do Concello, o tradicional concerto das Festas da Banda de Burela.

O programa que interpretaremos é o que segue:

  • Ammerland.
  • Miniatures for band.
  • The pink panther.
  • John Williams in concert.
  • Medley Boleros.
  • Banda Galega.
  • Abba Gold.

A banda desexámosvos unhas boas festas e todas e a todos!


quinta-feira, 21 de maio de 2009

A Banda na Festa da Marosa



O pasado venres, 15 de maio, un grupo de rapaces e repazas da Banda de Música inauguraba a Festa da Marosa na súa 12+1 edición, e facíao estreando a Marcha da Marosa, peza composta polo gaiteiro Edelmiro Fernández, con quen tivemos o pracer de tocar esta peza, dedicada a Mariña, filla do burelao Manolo Maseda, un dos principais promotores desta festa, acordeonista e voz en Serra-lhe aí e nos desaparecidos Diplomáticos e antigo músico da Banda de Burela.

Queremos agradecer á organización o teren contado coa nosa formación para inaugurar esta festa, que xa é un referente na vida cultural e festeira da nosa vila e parabenizar, como non, aos rapaces e rapazas que fixeron un grande esforzo para montar esta peza con tan pouco tempo de preparación.

As fotos, como sempre, do noso amigo Carlos Andrade. Carlos, obrigad@s.

segunda-feira, 4 de maio de 2009

Ensaios maio e próximas actuacións.



A Banda de Música Municipal de Burela terá proximamente dúas actuacións dentro da programación cultural das Festas populares de Burela. A primeira delas, será o sábado, 30 de maio, e consistirá nun pequeno pasarrúas polo centro de Burela às 11 de mañá e nun concerto que terá lugar na praza do Concello, ás 12:30 horas. A segunda actuación será o seguinte fin de semana, concretamente o sábado, 6 de xuño, día no que a Banda participará na procesión da Virxe do Carme, que decorrerá a continuación da misa que se celebra ese mesmo día ás 21:00 horas, na igrexa parroquial.

Quedan tres ensaios antes do 30 de maio, que serán da seguinte maneira:
  • Sábados: 10:30-13:30, ensaios xerais.

Poderá programarse algún ensaio seccional ou por cordas a maiores algún mércores despois da clase de Cámara, de 21:00 a 22:00 horas, do que seredes avisad@s coa suficiente antelación.

O repertorio que se intrepretará será o que segue:
  • Educandos de Benejuzar/Banda Galega
  • Miniatures for band.
  • John Williams in concert.
  • The pink panther.
  • Medley Boleros.
  • Ammerland.
  • Banda Galega.
  • Abba Gold.
  • Marcha Triunfal/Virxe das milagres.

sexta-feira, 1 de maio de 2009

Concerto da Banda do Norte



A Banda de Norte dará o seu concerto inaugural o próximo sábado (2 de maio) en Ortigueira, às 20:30 horas, no Teatro da Beneficencia, no marco no II Congreso Internacional de Bandas de Música "Vila de Ortigueira".

Xa pola noite, às 00:30 horas, haberá un concerto do cuarteto de jazz Marosa Jazz Project, no Novo Club Social.