terça-feira, 27 de maio de 2008

Concerto das festas

Boa acollida por parte do público asistente ao concerto que a Banda de Burela deu o pasado sábado, 24 de maio, na Praza da Mariña de Burela, enmarcado dentro da programación das Festas de Burela 08. Os medios de comunicación deron noticia da actuación e das novas incorporacións o venres 23, nas edicións locais dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia.

Queremos agradecer a nais, pais e familiares, amig@s e a tod@s os afeccionados que presenciaron o concerto, ainda tendo en contra un ceo que ameazaba con treboada, mais que finalmente quedou nunha tímida e feble choiva.

Queromos parabenizar tamén aos/ás nov@s músicos da banda (ver post anterior), que fixeron un bo traballo durante estes últimos meses, o que quedou perfectamente reflexado no concerto do sábado. Animámo-l@s a que continuen a traballar deste xeito, sabendo que ainda que ás veces hai que facer un grande esforzo, os resultados pagan a pena.

No repertorio que interpretamos figuran as seguintes obras:

  • Free World Fantasy
  • Erasmus' Tales
  • Ponteareas
  • Mack the Knife
  • A Máscara do Zorro
  • Campanera
  • Martiñika

A plantilla estivo formada por:


Frautas:
Maria Hermida
Iria Martínez
Ana Quelle
Silvia Rozas

Clarinetes:
Sara Fra
José Carlos Díaz

Saxos altos:
Vicente Timiraos
Covadonga López
Samuel Rojo

Saxo tenor:
Denís Núñez

Fagote:
Andres Pérez

Trompeta:
Jesús Javier García

Trompa:
Ángel Gavela

Tombóns:
Bruno Valle
Raquel Hermida

Bombardinos:
Luís Iglesias
Alberto Amat

Percusión:
Israel Arranz
Daniel Arranz
Simón López

Dirección:
Roberto Bouça

P.S. Subiremos fotos cando alguén no-las pase.

quinta-feira, 22 de maio de 2008

Concerto da Banda!


A Banda Municipal de Música de Burela dará un concerto o próximo sábado 24 de maio, ás 12:30 na Praza da Mariña de Burela. Este concerto enmárcase dentro da programación das Festas de Burela 2008, e servirá para a presentación d@s nov@s integrantes da formación, tod@s alumn@s da Escola de Música Municipal de Burela.

Nas frautas traveseiras incorpóranse Silvia Rozas Ramallal e Ana Carlota Quelle Lloret; no saxo alto Samuel Rojo Ávarez que veñen sumarse a outr@s músicos que debutaron recentemente: Iria Martínez Otero (frauta traveseira), José Carlos Díaz Lorenzo (clarinete), Daniel Arranz Carreño e Simón López López, (ambos os dous na percusión).

Deste xeito quere darse saída aos valores mais novos que están a cursar estudos de música na ESMU (Escola de Música) Municipal de Burela, ao tempo que se procura a revitalización da Banda de Música, na que tamén colaboran músicos que se formaron na antiga Banda de Música A Mariña de Burela, así como profesores da ESMU, como son Luís Iglesias (bombardino) e Israel Arranz (percusión).

No programa figuran pezas de concerto, como Free World Fatasy ou Erasmus Tales; o arranxo do tema Mack the knife; a banda sonora A Máscara do Zorro; e obras de autores galegos, como a xota Martiñika de R. Groga, o pasodobre de concerto Ponteareas, de R. Soutullo, ou o pasodobre-muiñeira Lugo-Ferrol de G. Baudot.

sexta-feira, 2 de maio de 2008

Próximos ensaios!

Debido á falta de asistencia esperada aos ensaios anteriormente programados, foi necesario modificar o calendario de ensaios, quedando da seguinte maneira:

  • Sábado,3 de Maio 10:30-13:00: ensaio seccional vento-madeira.
  • Sábado, 10 de Maio 10:30-13:00: ensaio seccional vento-madeira.
  • Martes, 13 de Maio 18:00-20:00: ensaio seccional vento-metal
  • Sábado, 17 de Maio 10:30-13:30: ensaio xeral.
  • Martes, 20 de Maio de 18:00-20:00: ensaio seccional vento-metal.
  • Venres, 23 de Maio 20:00-22:00: ensaio xeral.
Non faltedes!