quinta-feira, 22 de maio de 2008

Concerto da Banda!


A Banda Municipal de Música de Burela dará un concerto o próximo sábado 24 de maio, ás 12:30 na Praza da Mariña de Burela. Este concerto enmárcase dentro da programación das Festas de Burela 2008, e servirá para a presentación d@s nov@s integrantes da formación, tod@s alumn@s da Escola de Música Municipal de Burela.

Nas frautas traveseiras incorpóranse Silvia Rozas Ramallal e Ana Carlota Quelle Lloret; no saxo alto Samuel Rojo Ávarez que veñen sumarse a outr@s músicos que debutaron recentemente: Iria Martínez Otero (frauta traveseira), José Carlos Díaz Lorenzo (clarinete), Daniel Arranz Carreño e Simón López López, (ambos os dous na percusión).

Deste xeito quere darse saída aos valores mais novos que están a cursar estudos de música na ESMU (Escola de Música) Municipal de Burela, ao tempo que se procura a revitalización da Banda de Música, na que tamén colaboran músicos que se formaron na antiga Banda de Música A Mariña de Burela, así como profesores da ESMU, como son Luís Iglesias (bombardino) e Israel Arranz (percusión).

No programa figuran pezas de concerto, como Free World Fatasy ou Erasmus Tales; o arranxo do tema Mack the knife; a banda sonora A Máscara do Zorro; e obras de autores galegos, como a xota Martiñika de R. Groga, o pasodobre de concerto Ponteareas, de R. Soutullo, ou o pasodobre-muiñeira Lugo-Ferrol de G. Baudot.

1 comentário:

Anónimo disse...

bUENo q sON aS 12 E mAnHA e O ConcErTO aSi q VOuME ir DEitANdo Q teNho SonO jeje e doEnME os PeS Da ProCeSIon de LeDiciA xDDD

BuenO a SeGiR aSI

Dew