terça-feira, 27 de maio de 2008

Concerto das festas

Boa acollida por parte do público asistente ao concerto que a Banda de Burela deu o pasado sábado, 24 de maio, na Praza da Mariña de Burela, enmarcado dentro da programación das Festas de Burela 08. Os medios de comunicación deron noticia da actuación e das novas incorporacións o venres 23, nas edicións locais dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia.

Queremos agradecer a nais, pais e familiares, amig@s e a tod@s os afeccionados que presenciaron o concerto, ainda tendo en contra un ceo que ameazaba con treboada, mais que finalmente quedou nunha tímida e feble choiva.

Queromos parabenizar tamén aos/ás nov@s músicos da banda (ver post anterior), que fixeron un bo traballo durante estes últimos meses, o que quedou perfectamente reflexado no concerto do sábado. Animámo-l@s a que continuen a traballar deste xeito, sabendo que ainda que ás veces hai que facer un grande esforzo, os resultados pagan a pena.

No repertorio que interpretamos figuran as seguintes obras:

  • Free World Fantasy
  • Erasmus' Tales
  • Ponteareas
  • Mack the Knife
  • A Máscara do Zorro
  • Campanera
  • Martiñika

A plantilla estivo formada por:


Frautas:
Maria Hermida
Iria Martínez
Ana Quelle
Silvia Rozas

Clarinetes:
Sara Fra
José Carlos Díaz

Saxos altos:
Vicente Timiraos
Covadonga López
Samuel Rojo

Saxo tenor:
Denís Núñez

Fagote:
Andres Pérez

Trompeta:
Jesús Javier García

Trompa:
Ángel Gavela

Tombóns:
Bruno Valle
Raquel Hermida

Bombardinos:
Luís Iglesias
Alberto Amat

Percusión:
Israel Arranz
Daniel Arranz
Simón López

Dirección:
Roberto Bouça

P.S. Subiremos fotos cando alguén no-las pase.

1 comentário:

Anónimo disse...

Noraboa a todos. Nótase unha mellora bastante notable en canto a son e compensación. Non obstante temos que seguir traballando e amosar un compromiso máis serio cos ensaios.

Parabens e ánimo

Israel Arranz