terça-feira, 16 de junho de 2009

Ensaios e actuacións. Verán 2009.



Este é o planning da Banda para este verán. @s que non esteades para as datas marcadas, facede o favor de avisar coa suficiente antelación.

Xuño:

  • O próximo ensaio será este sábado, 20 de xuño, de 10:30 a 13:30 h. como estaba programado.
  • O sábado, 27 de xuño, non haberá ensaio, por termos os exames de Pase de Grao na Escola de Música.

Xullo:

Este mes non haberá ensaios para que descansemos tod@s un pouco e para que teñades tempo para asistir aos Cursos de Verán da ESMU.

Agosto:

  • Xoves 6/Venres 7: ensaios de 19:30 a 21:30 h.
  • Sábado 8: ensaio de 10:30 a 13:30 h.
  • Domingo 9: Actuación en Castropol.
  • Martes 11/Mércores 12/Xoves 13: ensaios de 19:30 a 21:30 h.
  • Sábado 15: Actuación en Ourol.
  • Domingo 16: Actuación n'A Veiga.

Setembro:

Posiblemente os ensaios comecen na segunda quincena de setembro.

Que teñades un bo verán!

terça-feira, 9 de junho de 2009

II Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela



Xa está aberto o prazo de matrícula no II Seminario de Jazz e Música Moderna, organizado pola ESMU Municipal de Burela e o Concello de Burela, coa colaboración especial de Estudio Escola de Música.

O Seminario decorrerá entre o 13 e o 17 de xullo e contará cos seguintes profesores:
  • Leo Giannetto (voz e guitarra)
  • José Nine (saxo e frauta)
  • Javier Constenla (piano)
  • Quique Alvarado (baixo)
  • Miguel Cabana (batería)

Podedes ver información sobre horarios, contidos do curso e profesorado no cuadríptico do Seminario: I e II, ou ben consultar o blogue do Seminario.

domingo, 7 de junho de 2009

Próximos ensaios

O próximo sábado, 13 de xuño, non teremos ensaio coa banda, quedando adiado para o seguinte sábado, 20 de xuño, de 10:30 a 13:30 horas.

Cónvocase unha reunión de carácter informativo, para todos os pais e nais e músicos maiores, este sábado, 13 de xuño, ás 12:30 h.

A Banda nas Festas de Burela



O pasado sábado, 30 de maio, a Banda de Burela actuou no marco das Festas populares da nosa vila. Antes de comezar un pasarrúas, tivemos a honra de recibir, na Casa do Concello a equipa de fútbol sala feminina de Burela, recén ascendida à Primeira División e fixémolo da mellor forma que sabemos: facendo soar os nosos instrumentos.



A continuación tivo lugar un pasarrúas por Rosalía de Castro e Pardo Bazán, que serviu de preludio ao concerto que demos ás 12:30 na Praza do Concello, onde estivemos acompañados por amig@s, familiares e outr@s espectadores e espectadoras que se achegaron a ouvir a nosa música. Moitas a grazas a todas e todos pola vosa a asistencia e polo voso apoio, sen vós, o noso proxecto non tería sentido. Esperamos vervos o próximo ano no tradicional concerto das festas e noutras actuacións da banda.





Todas as fotos de Carlos Andrade. En breve, crónica da procesión das Festas.