terça-feira, 9 de junho de 2009

II Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela



Xa está aberto o prazo de matrícula no II Seminario de Jazz e Música Moderna, organizado pola ESMU Municipal de Burela e o Concello de Burela, coa colaboración especial de Estudio Escola de Música.

O Seminario decorrerá entre o 13 e o 17 de xullo e contará cos seguintes profesores:
  • Leo Giannetto (voz e guitarra)
  • José Nine (saxo e frauta)
  • Javier Constenla (piano)
  • Quique Alvarado (baixo)
  • Miguel Cabana (batería)

Podedes ver información sobre horarios, contidos do curso e profesorado no cuadríptico do Seminario: I e II, ou ben consultar o blogue do Seminario.

2 comentários:

Bruno disse...

queremos metais¡¡

banda de burela disse...

Bruno, sabemos que pode haber interese por outras especialidades instrumentais, mais pensade que están cubertas todas as seccións: melódicos, rítmicos e harmónicos. O ano pasado, houbo xente de metal e asegúroche que quedaron moi moi contentos. Se este ano hai moito alumnado de metal, o próximo ano veríamos a posibilidade de cubrir esta corda.

Xentes do 'metal', anímadevos a participar no Seminario, non vos vades arrepentir!