quinta-feira, 26 de fevereiro de 2009

Ensaio

Como se vos comentou no último ensaio, este sábado, 28 de febreiro non haberá ensaio da banda, quedando aprazado para o próximo sábado, 7 de marzo, de 10:30 a 13:30.

O repertorio a traballar será o seguinte:
  • Miniatures for Band
  • Ammerland
  • The Pink Panther
  • Medley Boleros

Aproveitade estes días para estudar os papeis, sobretodo centrádevos no III movemento das Miniaturas e na Panteira Rosa.

Lémbradevos os percusionistas que o seccional de percusión con Israel continúa en pé.

terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

Cambio de ensaio

O próximo sábado, 14 de febreiro non teremos ensaio. Como se vos comentou o sábado pasado, este mércores faremos un pequeno ensaio de 20 a 21 horas, despois de cámara.

Para este ensaio convócase a:
  • Frautas
  • Clarinetes
  • Saxos altos
  • Trompetas 2ª
  • Trompa 2ª
  • Bombardino
Repertorio a traballar:
  • Miniatures for Band
  • Ammerland

O sábado da próxima semana (21 de febreiro) teremos ensaio xeral de 10:30 a 13:30.

segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009

Amigas e Amigos da Banda de Burela

Convócase a todas e a todos os músicos da banda maiores de idade, así como ás nais e aos pais dos músicos menores de idade a unha reunión para o próximo sábado, 7 de febreiro, ás 13:00 horas, a celebrar na Escola de Música Municipal; cos seguies asuntos a tratar:

  • Presentación dos estatutos elaborados pola Xunta Directiva provisional da Asociación de Amigas e Amigos da Banda de Burela
  • Debate a aprobación dos estatutos.
  • Rogos e preguntas.


Nota: Para axilizar a reunión sería interesante que lésedes os estatutos con anterioridade. Podedes descargar o borrador dos estatutos aquí.