sexta-feira, 19 de dezembro de 2008

Reunión

O próximo sábado, 20 de Decembro, haberá unha reunión informativa da Banda para todos os pais e todas as nais d@s integrantes da Banda.

Esta reunión celebrarase ás 13:00 horas no local da Banda da Escola de Música Municipal.


quarta-feira, 17 de dezembro de 2008

Concerto de Ano Novo

O próximo sábado, 3 de Xaneiro terá lugar o Concerto de Ano Novo da Banda de Música Municipal de Burela, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, ás 20:00 horas.

O progroma do concerto será o que segue:
  • Barrier Reef
  • Latin Fire
  • The Streets of Madrid
  • Martiñika
  • Free World Fantasy
  • Banda Galega
  • The Flinstones
  • ABBA Gold

Esperamos vervos a tod@s alí! Até entón!

segunda-feira, 8 de dezembro de 2008

Calendario de ensaios para o Nadal

Atención! Houbo cambios!

Este é o planning definitivo de ensaios da Banda para as vacacións do Nadal. Podedes descargalo en pdf aquí.


DECEMBRO:
  • Sábado 20: Ensaio Xeral, 10:30_13:30
  • Luns 22: Seccional Metal, 10:30_13:30
  • Martes 23: Seccional Madeira, 10:30_13:30/Ensaio Xeral, 19:00_21:00
  • Mércores 24: Ensaio Xeral, 10:30_13:30
  • Luns 29: Ensaio Xeral, 10:30_13:30
  • Martes 30: Ensaio Xeral, 10:30_13:30
XANEIRO:
  • Venres 2: Ensaio Xeral (Auditorio), 19:00_21:00
  • Sábado 3: Ensaio, 18:30/Concerto: 20:00


sábado, 6 de dezembro de 2008

Un pouco de pop sempre ven ben!



Para que vos entreteñades un pouco mentres non publico o calendario de ensaios para o Nadal, aí tedes un vídeo dunha banda de música a tocar un arranxo dos grandes éxitos do grupo sueco de pop ABBA. (Se o vídeo non funciona no blogger, podedes velo no youtube)

Disfrutádeo e ata pronto!

PS: Estudade os papeis!!

segunda-feira, 13 de outubro de 2008

Burela, sen o meu coche!









O pasado 20 de setembro, fixemos un pequeno pasarrúas por Burela con motivo do Día Europeo sen coches, no contexto dunha serie de actividades organizadas polo Concello. O sábado, a música tivo unha importante presenza en Burela, pois ademais do pasarrúas da Banda de Música, pola tarde puidemos disfrutar coas improvisacións da Burela Blues Band
.

Entre os compoñentes da Banda figuran:

Frautas:
Nerea Iglesias
Silvia Rozas
Iria Otero

Clarinetes:
Xoel Geada
Javier Oya
Ana Gay
Elena Paleo
José Carlos Lorenzo
Pedro Folgar

Saxo alto:
Samuel Rojo

Saxos tenores:
Denís Núñez
Lucía Bouza

Trompas:
Álvaro Crego
Ángel Gavela

Trompetas:
Artur Penabade
Lucía Gavela
José Antonio Chao
Jesús García

Trombón:
Bruno Valle

Bombardinos:
Iago Rodríguez
Luís Iglesias

Percusión:
Raúl Medina
Daniel Arranz
Israel Arranz


segunda-feira, 1 de setembro de 2008

Ensaios/actuación setembro

Penduro en PDF o calendario de ensaios para este mes de setembro, tendo en conta que aínda quedan uns días de vacacións e que cando comecen as clases, só serán pola mañá.

O día 20 tocaremos en Burela, para celebrar o Día Europeo sen coches, como xa fixemos o ano pasado.


Para máis información poñédevos en contacto comigo no meu teléfono ou no mail da banda:

bandaburela@gmail.com

domingo, 31 de agosto de 2008

Xove, 29 de agosto




O pasado domingo, 29 de Agosto, fixemos un pasarrúas (bastante longo, por certo) e unha procesión en Xove, con motivo das festas patronais do San Bartolo que se celebran nesta vila.

Aínda que os pasarrúas son bastante cansados para @s músicos, foi unha experiencia moi bonita, pois para moit@s era a primeira vez que tocaban coa Banda.

Polo que a min respecta, estou moi contento co traballo que fixestes durante os ensaios intensivos dos quince días previos á actuación. O certo é que foi un bo comezo, agora tentaremos montar un repertorio máis atractivo para poder dar un concerto no Nadal. Temos que traballar duro, aínda que estou seguro de que así será. Estamos á espera da incorporación inmediata de nov@s comapañeir@s!

Plantilla:

Frautas:
Iria Otero
Silvia Rozas

Clarinetes:
Jose Carlos Lorenzo
Sara Fra
Javier Oya
Elena Paleo
Ana Gay

Saxos altos:
Samuel Rojo
Gabril Bermúdez

Saxos tenores:
Denís Núñez
Lucía Bouza

Trompa:
Álvaro Crego

Trompetas:
Jesús García
José Antonio Chao

Trombón:
Bruno Valle

Bombo e pratos:
Raúl Medina
Dani Arranz

Caixa:
Israel Arranz


Guitiriz. Certame de Bandas 2008




O pasado 16 de xullo asistimos en Guitiriz a un Certame de Bandas, convidados pola banda anfitriona. Queremos dar as grazas ao seu director, Abel Riveira, así como a tod@s @s músicos e á alcaldesa de Guitiriz, polo trato recibido.


Esperamos poder compartir palco con esta Banda noutras ocasións.


Plantilla:

Flautas:
Marcos (convidado)
Silvia Rozas


Clarinetes:
Olivia (convidada)
Sara Fra
Jose Carlos Lorenzo

Saxos altos:
Vicente Timiraos
Samuel Rojo

Saxos Tenores:
Denís Núñez
Lucía Bouza

Fagot:
Andrés Quiroga

Trompeta:
Jesús García

Trombón:
Mateo (convidado)

Bombardinos:
Alberto Amat
Luís Iglesias

Percusión:
Daniel Arranz
Isral Arranz


quarta-feira, 16 de julho de 2008

Guitiriz. Certame de Bandas

O próximo sábado, 19 de xullo, ás 19:30 daremos un concerto en Guitiriz, no marco do Certame de Bandas organizado pola Banda desta localidade.

No repertorio que interpretaremos figuran as seguintes obras:

  • Free World Fantasy .............................Jacob de Haan

  • Ponteareas .............................................R. Soutullo

  • Erasmus' Tales ................................Jan Handermann

    • I Moderato

    • II Tranquilo

    • III Allegro

    • IV Giocoso

  • Martiñika ...........................................Rogelio Groba


As Bandas de Guitiriz e Burela interpretaremos conxuntamente o pasodoble galego Banda Galega.



sexta-feira, 27 de junho de 2008

Horarios dos ensaios e actuacións do verán

Luns: Ensaio seccional, 11:00-13:00. Ensaio xeral, 20:00-22:00

Xoves: Ensaio seccional, 11:00-13:00. Ensaio xeral, 20:00-22:00

Sábado: ensaio xeral, 11:00-13:30

Estes son os ensaios do verán para a Banda de Música, mais non son definitivos. Temos que ver se nos van ben a tod@s dentro das posibilidades de cada un.

Os ensaios comezarán a semana que ven, é dicir, o luns 30 de Xuño.


Este verán temos programadas dúas actuacións:

  • Guitiriz: 19 de xullo, sábado, pola tarde.
  • Xove: 24 de agosto, domingo, pola mañá.
  • As horas das actuacións aínda están por concretar
Podedes descargar o documento na seguinte ligazón:

Ensaios e actuación verán_08

segunda-feira, 23 de junho de 2008

I Seminario de Jazz en Burela




Xa está aberto o prazo de matrícula no I Seminario de Jazz que organiza a Escola de Música Municipal de Burela. O curso terá lugar do 28 de xullo ao 1 de agosto e será impartido polos profesores de Escola-Estudio de Compostela, José Nine e Javier Constenla.

Podedes consultar toda a información descargando o tríptico na seguinte ligazón:

I Seminario de Jazz en Burela



terça-feira, 3 de junho de 2008

Ensaios

O próximo sábado, 7 de Xuño, faremos un ensaio seccional de madeira, para @s máis nov@s, de 10:30 a 13:00.

O sábado, 14 de Xuño, non teremos ensaio, pois neste día, realizaranse os exames de Paso de Ciclo da Escola de Música.

terça-feira, 27 de maio de 2008

Concerto das festas

Boa acollida por parte do público asistente ao concerto que a Banda de Burela deu o pasado sábado, 24 de maio, na Praza da Mariña de Burela, enmarcado dentro da programación das Festas de Burela 08. Os medios de comunicación deron noticia da actuación e das novas incorporacións o venres 23, nas edicións locais dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia.

Queremos agradecer a nais, pais e familiares, amig@s e a tod@s os afeccionados que presenciaron o concerto, ainda tendo en contra un ceo que ameazaba con treboada, mais que finalmente quedou nunha tímida e feble choiva.

Queromos parabenizar tamén aos/ás nov@s músicos da banda (ver post anterior), que fixeron un bo traballo durante estes últimos meses, o que quedou perfectamente reflexado no concerto do sábado. Animámo-l@s a que continuen a traballar deste xeito, sabendo que ainda que ás veces hai que facer un grande esforzo, os resultados pagan a pena.

No repertorio que interpretamos figuran as seguintes obras:

  • Free World Fantasy
  • Erasmus' Tales
  • Ponteareas
  • Mack the Knife
  • A Máscara do Zorro
  • Campanera
  • Martiñika

A plantilla estivo formada por:


Frautas:
Maria Hermida
Iria Martínez
Ana Quelle
Silvia Rozas

Clarinetes:
Sara Fra
José Carlos Díaz

Saxos altos:
Vicente Timiraos
Covadonga López
Samuel Rojo

Saxo tenor:
Denís Núñez

Fagote:
Andres Pérez

Trompeta:
Jesús Javier García

Trompa:
Ángel Gavela

Tombóns:
Bruno Valle
Raquel Hermida

Bombardinos:
Luís Iglesias
Alberto Amat

Percusión:
Israel Arranz
Daniel Arranz
Simón López

Dirección:
Roberto Bouça

P.S. Subiremos fotos cando alguén no-las pase.

quinta-feira, 22 de maio de 2008

Concerto da Banda!


A Banda Municipal de Música de Burela dará un concerto o próximo sábado 24 de maio, ás 12:30 na Praza da Mariña de Burela. Este concerto enmárcase dentro da programación das Festas de Burela 2008, e servirá para a presentación d@s nov@s integrantes da formación, tod@s alumn@s da Escola de Música Municipal de Burela.

Nas frautas traveseiras incorpóranse Silvia Rozas Ramallal e Ana Carlota Quelle Lloret; no saxo alto Samuel Rojo Ávarez que veñen sumarse a outr@s músicos que debutaron recentemente: Iria Martínez Otero (frauta traveseira), José Carlos Díaz Lorenzo (clarinete), Daniel Arranz Carreño e Simón López López, (ambos os dous na percusión).

Deste xeito quere darse saída aos valores mais novos que están a cursar estudos de música na ESMU (Escola de Música) Municipal de Burela, ao tempo que se procura a revitalización da Banda de Música, na que tamén colaboran músicos que se formaron na antiga Banda de Música A Mariña de Burela, así como profesores da ESMU, como son Luís Iglesias (bombardino) e Israel Arranz (percusión).

No programa figuran pezas de concerto, como Free World Fatasy ou Erasmus Tales; o arranxo do tema Mack the knife; a banda sonora A Máscara do Zorro; e obras de autores galegos, como a xota Martiñika de R. Groga, o pasodobre de concerto Ponteareas, de R. Soutullo, ou o pasodobre-muiñeira Lugo-Ferrol de G. Baudot.

sexta-feira, 2 de maio de 2008

Próximos ensaios!

Debido á falta de asistencia esperada aos ensaios anteriormente programados, foi necesario modificar o calendario de ensaios, quedando da seguinte maneira:

  • Sábado,3 de Maio 10:30-13:00: ensaio seccional vento-madeira.
  • Sábado, 10 de Maio 10:30-13:00: ensaio seccional vento-madeira.
  • Martes, 13 de Maio 18:00-20:00: ensaio seccional vento-metal
  • Sábado, 17 de Maio 10:30-13:30: ensaio xeral.
  • Martes, 20 de Maio de 18:00-20:00: ensaio seccional vento-metal.
  • Venres, 23 de Maio 20:00-22:00: ensaio xeral.
Non faltedes!

sexta-feira, 25 de abril de 2008

Actualización. Concerto Festas Burela 2008

Unha vez inaugurado o blogue da Banda Municipal de Música de Burela, e despois dalgún tempo sen actualizar a información (debido en parte á ausencia de concertos) retomamos este espazo na internet como punto de encontro dos/as membros da banda, con motivo do próximo concerto, que terá lugar o Sábado 24 de Maio, ás 12:30, enmarcado dentro da programación cultural das Festas de Burela.
Este blogue está pensado para a información de tod@s @s músicos, sobretodo aqueles/as que están a estudar fora de Burela ou os/as que por motivos de traballo non poden asistir a todos os ensaios.

Adxúntase toda a información relativa a ensaios e repertorio para este concerto.

caléndario concerto festas burela_2008.doc

repertório festas burela 2008.doc

quarta-feira, 16 de janeiro de 2008

Un pouquiño de Historia

Ando a pensar en facer unha pequena Historia da Banda de Burela, algo sintético onde se conte a súa orixe (a antiga Banda da Mariña), pasando polo traspaso á actual Banda Municipal de Música de Burela até a actualidade. Gostaba de facer referencia a actuacións importantes, "saídas", directores, gravacións, etc.

Non sei cando vou ter tempo, mais por agora, para ir abrindo boca, encontrei unha referencia no web de Lourenzá Ponte da Pedra, sobre un concerto da Banda nesa localidade. Poden verse algunhas fotos.

segunda-feira, 7 de janeiro de 2008

Concerto de Ano Novo

A Banda Municipal de Música estreamos blogue, e facémo-lo tras o exitoso concerto de Ano Novo, do pasado 4 de Xaneiro, no que tivo lugar publicamente o cambio na dirección da formación, que pasa das mans de Julián Villamor, actual secretario da ESMU de Burela, ao burelao Roberto Bouça.

Desde aquí, queremos agradecer o traballo que relizou Julián estes 10 anos á frente da Banda e desexarlle o mellor no seu novo cargo e no seu futuro musical.

A continuación podedes ver as obras que se interpretaron no concerto, así como @s músicos participantes:

CONCERTO DE ANO NOVO
Venres, 4 de Xaneiro de 2008
Auditorio da Casa da Cultura. Burela

PROGRAMA

Piratas do Caribe (Suit Sinfónica)................... Klaus Badlet
Arr. John Wasson

Adagio Veneziano.............................................. Flavio Bar

Variazioni in Blue....................................... Jacob de Haan

African Sketches (Fragmentos Africanos)..... James Curnow

King Arthur (Rei Artur)........................ Kees Schoonenbeek
Camelot Castle (O Castelo de Camelot)
Lancelot (Lancelote)
Guinevere (Xenebra)
Merlin
Excalibur

Hercules........................................................ Alan Menken
Arr. David Zippel

Marcha Radetzky Op. 228..................... Johann Strauss Pai

Dirixen:
Julián Villamor
Roberto Bouza
_________________________________
A Banda Municipal de Música de Burela son:

Frautas:
María Hermida Manzaneque
Iria Martínez Otero

Clarinetes:
Olaya Coria Cruz
Sara Fra Fernández
José Carlos Díaz Lorenzo

Clarinete Baixo:
Pedro Folgar Reinante

Saxos altos:
Covadonga López Viejo
Vicente Timiraos Parapar

Saxos tenores:
Denís Núñez Vázquez
Lucía Bouza Orosa

Fagot:
Andrés Pérez Quiroga

Trompetas:
Jesús Javier García Díaz
Marcos Lara Repiso
Emilio Fernández Vázquez
Saúl Fernández Lamelas


Trompas:
Ángel Gavela Martín
Albano González Cancio

Trombóns:
Bruno Valle Yánez
Raquel Hermida Manzaneque

Bombardinos:
Luís Iglesias Vázquez
Alberto Amat Salvador
Bruno Pedre Otero

Tuba:
Raul Lara Repiso

Percusión:
Israel Arranz Carreño
Daniel Arranz Carreño
Simón López López
Xoel Mon López
Oscar Villarquide Maseda
Lorenzo García Rivera

Músicos convidados:
Víctor González Díaz (clarinete)
Laura Alonso Gandoy (clarinete)
Saúl Canosa (clarinete)
Noe Viamonte Riveira (trombón)
Rodrigo Rodríguez Rodríguez (tuba)