sexta-feira, 19 de dezembro de 2008

Reunión

O próximo sábado, 20 de Decembro, haberá unha reunión informativa da Banda para todos os pais e todas as nais d@s integrantes da Banda.

Esta reunión celebrarase ás 13:00 horas no local da Banda da Escola de Música Municipal.


quarta-feira, 17 de dezembro de 2008

Concerto de Ano Novo

O próximo sábado, 3 de Xaneiro terá lugar o Concerto de Ano Novo da Banda de Música Municipal de Burela, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, ás 20:00 horas.

O progroma do concerto será o que segue:
  • Barrier Reef
  • Latin Fire
  • The Streets of Madrid
  • Martiñika
  • Free World Fantasy
  • Banda Galega
  • The Flinstones
  • ABBA Gold

Esperamos vervos a tod@s alí! Até entón!

segunda-feira, 8 de dezembro de 2008

Calendario de ensaios para o Nadal

Atención! Houbo cambios!

Este é o planning definitivo de ensaios da Banda para as vacacións do Nadal. Podedes descargalo en pdf aquí.


DECEMBRO:
  • Sábado 20: Ensaio Xeral, 10:30_13:30
  • Luns 22: Seccional Metal, 10:30_13:30
  • Martes 23: Seccional Madeira, 10:30_13:30/Ensaio Xeral, 19:00_21:00
  • Mércores 24: Ensaio Xeral, 10:30_13:30
  • Luns 29: Ensaio Xeral, 10:30_13:30
  • Martes 30: Ensaio Xeral, 10:30_13:30
XANEIRO:
  • Venres 2: Ensaio Xeral (Auditorio), 19:00_21:00
  • Sábado 3: Ensaio, 18:30/Concerto: 20:00


sábado, 6 de dezembro de 2008

Un pouco de pop sempre ven ben!



Para que vos entreteñades un pouco mentres non publico o calendario de ensaios para o Nadal, aí tedes un vídeo dunha banda de música a tocar un arranxo dos grandes éxitos do grupo sueco de pop ABBA. (Se o vídeo non funciona no blogger, podedes velo no youtube)

Disfrutádeo e ata pronto!

PS: Estudade os papeis!!